| CARVIEW |
Fundación CEER
Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal
Unha ferramenta ao servizo das universidades públicas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
Máis informaciónNovas e eventos
Mantente ao día das nosas novidades e eventos
O investigador Jorge Mira, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o equipo de Wireless Galicia, dúas das entidades socias do proxecto, están a representar o ATLANTIC SUNSET na FITUR. Durante o evento reuníronse con delegacións de Visit Norway, así como do Algarve e Sintra (Portugal), para avanzar nos próximos fitos do proxecto.
O proxecto europeo Atlantic Sunset sinalizou en Ayamonte o lugar onde se produce o último solpor da España peninsular entre os meses de outubro e febreiro. Durante o resto do ano, este fenómeno desprázase á Costa da Morte (Galicia). Deste xeito, Ayamonte intégrase na rede atlántica de enclaves singulares que promoven o turismo sostible e a cooperación internacional.
Grazas ao proxecto Atlantic Sunset, o municipio de Ayamonte consolídase como un enclave singular do litoral atlántico europeo coa inauguración dunha mesa interpretativa e unha placa identificativa que o recoñecen como o lugar onde se produce o último solpor atlántico da España peninsular, entre outubro e febreiro.
Actividades do CEER
Alianza Estratéxica
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúa sendo unha das rexións transfronteirizas máis activas na captación de fondos europeos. Traballar a favor da cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o compromiso prioritario da Fundación CEER.
A través de distintos programas europeos, dende a súa creación no ano 2004, a Fundación CEER participou no lanzamento e xestión de diferentes proxectos coa captación de máis de 20 millóns de euros para o financiamento de máis de 20 proxectos de cooperación.
A través da cooperación transfronteiriza eficiente gañamos todas e todos, nun clima de confianza mutua que consegue estimular os negocios e o traballo conxunto. Apostar pola intelixencia, no traballo, no esforzo e na inclusión, contribuíndo á transferencia do coñecemento, os avances e as ferramentas xeradas no marco das universidades ao servizo da sociedade.